Gonte - Galicia

Finca Casa Barqueiro

Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago conclúe en Gonte a súa XI edición.

Por primeira vez, os fondos serán destinados a dúas asociacións:

Asociación Saúde Mental A Creba

Fundación Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca de Barcala

O evento reuniu a preto de 60 estrelas Michelin, os chefs e sumillers participantes, entre os que se atopaban nomes tan destacados como Elena Arzak, os irmáns Torres, Paulo Airaudo, Francis Paniego, Fran López, María Gómez, e Paco Roncero.

Participaron en diversas actividades culinarias e benéficas.

  • Unha experiencia que comeza no mar

    A xornada comezou cunha actividade inmersiva na Ría de Muros-Noia, organizada por Turismo de Galicia e a Xunta, na que os chefs participaron nunha sementeira de ameixa e berberecho xunto a profesionais do marisqueo. Alí puxéronse en valor os procesos completos de produción do marisco galego, auténtico referente de calidade a nivel internacional.

  • Casa Barqueiro, epicentro do sabor e da solidariedade

    Xa pola tarde, a acción trasladouse á Finca Casa Barqueiro, onde se viviu unha xornada inesquecible con máis de 400 asistentes. Vendéronse 156 entradas, e o resto dos participantes repartíronse entre colaboradores, cociñeiros, sumillers, acompañantes e público convidado.

    Tras a tradicional imposición de chaquetillas, viviuse un momento especialmente emotivo coa entrega da chaquetilla de ouro 2025. Este ano, por primeira vez, non se outorgou a unha soa persoa, senón a dous chefs excepcionais: Javier e Sergio Torres, de Cocina Hermanos Torres.

Como novidade destacada este ano, unha das estacións foi comisariada por un Estrela Michelin. O encargado foi Manuel Costiña, do restaurante Retiro da Costiña (2 Estrelas Michelin), quen sorprendeu aos asistentes cun exquisito mousse de troita afumafa sobre tartalta de pasta fío e caviar Osetra, unha elaboración que simbolizou á perfección a fusión entre vangarda culinaria e produto de proximidade.

O menú completouse con elaboracións únicas e produtos galegos de primeira calidade:

  • Merluza de Celeiro con coco e manga, de A Horta do Obradoiro

  • Lombo de linguado Prodemar con crema picante de manga.

  • Estación de carnes de Caquelo, coa participación dos parrilleiros de Divino Vinoteca

  • Xamón ao corte de Castro e González

  • Sushibar de Aquanaria

  • Xeados artesáns de La Central Heladera

 

O evento pechouse cun ambiente festivo grazas á actuación da Orquestra Olimpus, coctelería premium a cargo de Fundador Supremo, Macallan, Juve and Camps e Schweppes, e unha cea tipo cóctel elaborado polas principais asociacións de cociñeiros de Galicia: Vigo Gastronómico, Cociña Coruña, Cociña Ourense e Cociñeiros de Lugo.

Como cada ano, a mestra de cerimonias Isabel Blanco achegou o seu carisma inconfundible, xa inseparable deste encontro solidario coa gastronomía galega como protagonista.