Éxito incuestionable
Estrelas Solidarias no Camiño 2023
350 persoas asistiron o luns 5 de xuño ao Evento Gastronómico Solidario Estrelas no Camiño de Santiago 2023, con máis de 60 empresas patrocinadoras y máis de 60 estrelas Michelín.
Entre os invitados asistentes ao evento o doce estrelas michelin Martín Berasategui, Helena Arzak acompañada por Igor Zalakain, Paco Roncero, Ramón Freixa, Sergio Torres, Valerio Carrera, Paulo Airaudo, Javier Olleros, Manuel Costiña, Marcelo Tejedor, Lucía Freitas, Pepe Vieira, Miguel González, Pepe Solla, Begoña Rodrigo, Yayo Daporta, Óscar Vidal, Marcelo Tejedor, Jesús Sánchez, Hugo Muñoz, Juan Carlos Calo, Rui Paula, Arnaldo Azevedo.
Nesta edición fíxose un recoñecemento especial a Miguel Rial e Victoriano Porto por exercer unha extraordinaria e discreto labor como inspectores, como “exploradores da gastronomía”.
Os beneficios obtidos foron destinados á “Asociación Síndrome X Fráxil” en Galicia. Conseguimos recadar e doar 7.300€
Unha asociación que desde 1998 traballa pola visibilidade, a investigación e o diagnóstico do SINDROME DE X FRÁXIL.
A síndrome X fráxil é a forma máis común de discapacidade intelectual hereditaria. A enfermidade é causada por un xene específico.
Asocición que apoia ás familias e afectados por esta enfermidade rara e de carácter hereditario.

Nove cociñeiros e un barista galegos, foron os encargados de orquestrar o menú degustación.
«Este ano, ademais dos produtos galegos, tamén impliquei a compañeiros: José Manuel Portela, barista de Cafés Candelas que fai un tiramisú moi rico para o postre; Fernando Pérez, responsable de Food Tambre; lago Álvarez, que traballou comigo en Martín Berasategui, que fai un prato con ameixa; Manuel Gómez, de Rianxo, fai un prato con souba de Rianxo; Miguel Mosteiro, un prato de mexillóns; Quique e máis Eloy Cancela, de A Horta do Obradoiro, fan un prato de merluza de Celeiro; Federico Pérez, chef do restaurante A Quinta da Auga, fai un prato de carnes Caquelo e, como non podían faltar, Mari Carmen Carril e Gladys, de Casa Barqueiro, elaboran o postre» – chef Jose Manuel Mallon, embaixador de experiencia dos produtos de Galicia Calidade e xefe de cociña na Finca Casa Barqueiro.
«Estrelas no Camiño é xa unha cita de referencia coa que Galicia se converte nun punto de referencia do turismo gastronómico e de calidade» – Alfonso Rueda
«Eu non sería o cociñeiro que son se non existise Galicia» – Martín Berasategui









