A Finca de Casa Barqueiro, en Gonte (Negreira), acolleu este martes 5 de maio a presentación oficial dunha nova edición de Estrelas no Camiño, unha cita que volve unir alta gastronomía, territorio e compromiso social.
Un ano moi especial, marcado polo 25 aniversario de Casa Barqueiro, orixe e alma do evento, e pola homenaxe a unha figura clave na súa historia: Juan Mari Arzak, referente da cociña contemporánea e padrino desta iniciativa desde os seus inicios.
Pero se hai un eixo central nesta edición é a súa causa solidaria.

Art for Dent, no corazón do evento
Este ano, os beneficios destinaranse á asociación Art for Dent, entidade galega que traballa para dar visibilidade á enfermidade de Dent, unha patoloxía renal rara.
Durante a presentación, María Castelao Fraga, presidenta da asociación e nai de Hugo —paciente de Dent—, compartiu un testemuño profundamente humano que puxo en valor a importancia da investigación e do apoio social.
A asociación conta coa colaboración do grupo de investigación NefroCHUS (IDIS, Santiago de Compostela), representado por:
- Marta Vecino Pérez (investigadora predoutoral)
- Miguel Ángel García González (investigador principal)
- Pablo Pedrosa Lado (investigador posdoutoral)
Un equipo que traballa no desenvolvemento de fármacos e biomarcadores para avanzar no coñecemento desta enfermidade.
Primeiros bocados dun evento único
Os asistentes puideron degustar tres das creacións que formarán parte da experiencia gastronómica do próximo 8 de xuño:
- Pulpo de roca de Lira – Manuel Costiña
Maridaxe: 1906 Red Vintage - Lateixo Atlántico (robaliza en manteiga torrada de améndoa) – Miguel González
Maridaxe: 1906 La Milnueve - Millo con alma de choco – Fernando Pérez (Casa Barqueiro)
Maridaxe: 1906 Black Coupage
Un adianto do nivel culinario que reunirá a grandes nomes da gastronomía.
Apoios e participación
O evento contou coa presenza do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, que destacou o valor estratéxico desta iniciativa para o posicionamento gastronómico de Galicia.
Tamén queremos agradecer:
- Aos chefs participantes nesta presentación
- Aos medios de comunicación e creadores de contido asistentes
- Ao Concello de Negreira, polo seu apoio
Entradas e Mesa 0
Xa podes formar parte desta experiencia solidaria:
👉 Doazóns (Mesa 0): https://artfordent.es
Porque cada entrada é moito máis ca gastronomía: é apoio á investigación e ás familias.
